Política de cookies
Última actualización: outubro de 2026.
En resumo
Esta web non usa cookies de seguimento nin de publicidade, nin propias nin de terceiros. Por iso non che aparece ningún aviso de cookies ao entrar.
Que é unha cookie
Unha cookie é un pequeno ficheiro que unha web garda no teu navegador para lembrar cousas (por exemplo, que xa iniciaches sesión) ou para seguirte entre webs. As segundas son as que precisan o teu permiso, e aquí non as hai.
Que usamos
- Estatísticas: Cloudflare Web Analytics conta as visitas sen cookies e sen identificadores persoais.
- Antispam no formulario: Cloudflare Turnstile comproba que es unha persoa sen cookies de seguimento.
- Seguridade: Cloudflare, que aloxa a web, pode gardar algunha cookie técnica de seguridade (por exemplo,
__cf_bm, para distinguir persoas de robots). É estritamente necesaria para protexer a web e non precisa consentimento. - Contido externo: non incrustamos vídeos, mapas nin botóns de redes sociais. As ligazóns a Instagram ou a outras webs só te levan alí se premes nelas.
Como borrar as cookies
Podes ver e borrar as cookies dende a configuración do teu navegador, na sección de privacidade ou de datos de sitios.
Cambios
Se algún día engadimos algo que precise o teu permiso, avisarémoste antes e actualizaremos esta páxina.