servizos
Que facemos
Webs, software e unha man co que xa tes. Explicado sen tecnicismos.
Webs para o teu negocio
Unha web que se ve ben no móbil, carga ao momento e aparece cando te buscan na túa zona. Con SEO local dende o primeiro día.
Software a medida
Apps, plugins de audio, ferramentas internas ou intelixencia artificial. Se o teu problema se resolve con código, falamos.
Revisamos a túa web
Xa tes web pero non che trae clientes? Mirámola sen compromiso e dicímosche que mellorar, en cristián.
como_traballamos
Sen sorpresas
Falamos. Cóntasnos o teu negocio e o que precisas. Sen tecnicismos.
Proposta clara. Que inclúe, canto custa e cando estará. Por escrito.
Deseño e desenvolvemento. Vas vendo os avances, non só o resultado final.
Publicación e Google. Web en marcha, ficha de Google e todo medido.
Seguimos aí. Se algo falla ou queres cambiar algo, sabes onde estamos.
Falamos do teu proxecto?
Cóntanolo en dúas liñas. Respondemos axiña e sen compromiso.