Saltar ao contido

Ooruk Drums: unha web co ritmo do seu obradoiro

Instrumentos artesanais e terapia de son en Irixoa (A Coruña).

Visitar oorukdrums.com

Portada da web de Ooruk Drums, con mans tallando madeira e o titular «Del metal a la resonancia».

O reto

Ooruk deixou a industria do metal para construír instrumentos a man e guiar círculos de son. Precisaba un sitio que transmitise esa calma… e onde reservar ou mercar fose doado.

Que fixemos

  • Unha web con fotos reais e un ton cálido, que conta a súa historia con calma.
  • Cada servizo co seu botón: o formulario xa sabe sobre que queres preguntar.
  • Catálogo de tambores, frautas e maracas con prezos á vista.

O que non se ve

  • Ficha de negocio local para que Google saiba que é e onde está.
  • Título e descrición pensados para quen busca tambores na Coruña.
  • Todas as imaxes describidas: accesibilidade e SEO.
  • Formulario antispam e cookies que respectan a privacidade.